AGESTIC

Axudas á internacionalización das empresas galegas

Obxecto: favorecer a internacionalización das empresas galegas, a través das seguintes liñas:

1. Liña de seminarios internacionalización (procedemento IG156).

2. Liña de planificación exterior (procedemento IG151).

3. Liña participación en eventos expositivos e promocionais internacionais celebrados fóra de Galicia (procedemento IG110).

4. Liña de misións comerciais directas (procedemento IG123).

5. Liña de misións comerciais inversas (procedemento IG124).

6. Liña de misións tecnolóxicas directas e inversas (procedemento IG154).

7. Liña de márketing, comunicación e marca (procedemento IG172).

8. Liña de prospección internacional (procedemento IG173).

9. Liña de primeira implantación promocional conxunta no exterior-Plan Primex (procedemento IG158).

Beneficiarios: as empresas galegas. Establécense diferentes requisitos en función da liña. Os devanditos requisitos veñen especificados no anexo I.

Prazo de presentación de solicitudes: ata o 15 de marzo de 2011 para as liñas sinaladas cos números 1, 2, 3, 4, 5, 6 e 7, e ata o 31 de maio de 2011 para as liñas sinaladas cos números 8 e 9.

Máis información - pdf-

Fonte: IGAPE