AGESTIC

AMTEGA, Traballo e catro plataformas empresariais galegas unen forzas para impulsar a responsabilidade social TIC

A actividade económica e produtiva débese á sociedade na que se insire, e por extensión a tódalas sociedades. Non hai riqueza que se extraia da nada e cada persoa que nos rodea é responsábel, en maior ou menor medida, do medre empresarial da súa terra. Isto sábeno ben moitas das nosas empresas TIC, un exemplo destacábel deste beneficio mutuo e deste fluxo de ida e volta, da cidadanía á empresa e da empresa á cidadanía. Falamos de Responsabilidade Social Empresarial, o eixo temático do protocolo asinado en Santiago co obxectivo de impulsar aínda máis esta responsabilidade no sector TIC e fomentar a difusión de produtos e solucións de tecnoloxía social. Estes son os seus obxectivos globais. Por certo que o protocolo foi asinado pola a conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, a directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA), Mar Pereira, e os presidentes as entidades empresariais AGESTIC, José María López Bourio; EGANET, Víctor López García; o Clúster TIC Galicia, Antonio Rodríguez del Corral e o vicepresidente de AGASOL, Javier Castaño Garcia.

Fonte: Código Cero Ler máis