AGESTIC

A Amtega e a AETG asesoran aos concellos para o despregamento de infraestruturas TIC

infraestruturas tic

A Asociación de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia (AETG) pon á disposición dos concellos galegos un servizo de asesoramento sobre normativa e solucións técnicas para o despregamento de infraestruturas de telecomunicación. É unha das medidas recollidas no convenio de colaboración asinado esta mañá en Santiago de Compostela pola directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, Mar Pereira, e o presidente da AETG, Ramón Bermúdez de Castro.

Dende o 1 de abril, un equipo de traballo específico, integrado por enxeñeiros de telecomunicación, ofrecerá soporte centralizado e permanente ás entidades locais para resolver dúbidas sobre a aplicación da normativa e cuestións técnicas da implantación dos equipamentos de telecomunicación que afectan as actividades das administracións locais. Este servizo estará a disposición dos concellos a través do o teléfono 981 91 35 76 en horario de luns a venres de 9:00 a 14:00h e no enderezo de correo electrónico oficinaconcellos@aetg.org.

Esta medida vén motivada polos numerosos cambios en materia das telecomunicacións que se están a producir nestes anos, e que repercuten nas actividades sobre as que exercen as súas competencias as entidades locais. Este novo servizo busca eliminar as dificultades de actualización normativa e de acceso á información tecnolóxica que condicionan o funcionamento diario destas Administracións Locais.

Con este novo servizo búscase facilitar desenvolvemento ordenando das telecomunicacións en todo o territorio promovendo un ambiente favorable que atraia o investimento dos operadores e facer que todos os cidadáns poidan acceder a máis e mellores servizos de telecomunicación alcanzables. Estudo sobre a calidade do servizo de banda larga O convenio tamén tamén a realización dun estudo sobre a calidade do servizo das redes acceso de banda larga a través de tecnoloxía sen fíos existentes en Galicia.

Esta actuación levarase a cabo tomando como referencia obxectivos acadados coa execución do Plan de Banda Larga de Galicia. A día de hoxe o Plan conseguiu facilitar o acceso á Internet a máis de 700.000 galegos dos 786.000 que non dispoñían deste servizo en 2009. A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia achegará á Asociación de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia 65.000 euros para o desenvolvemento das actuacións que se recollen no acordo.

Fonte: Xunta de Galicia