AGESTIC

AGESTIC e a Deputación de Pontevedra fanse con dous dos catro galardóns de Fundetec

A oitava edición dos premios de Fundetec, tal e como vimos anunciando (e prevendo), foi especialmente nosa. En palabras da organización deste certame, a dita fundación, na resolución final dos premios estes “falaron galego”. De feito, na entrega destes recoñecementos celebrada este xoves pola noite, impuxéronse dúas entidades nosas polo seu labor de desenvolvemento TIC e, máis polo miúdo, pola súa arela de levalo á sociedade. Falamos da Deputación de Pontevedra e máis da Asociación Galega de Empresas TIC, AGESTIC...

Fonte: Código Cero Ler máis