AGESTIC

AGESTIC colabora coa iniciativa de Teléfonica, Galicia Open Future. A revolución emprendedora galega.

Galicia Open Future

Despois da reunión de este xoves entre D. Manuel Ángel Alonso Pérez, director de Galicia de Telefónica España, e D. José María López Bourio, presidente de AGESTIC, a asociación súmase a colaborar na iniciativa "Galicia Open Future", unha gran oportunidade para emprendedores galegos. 

Galicia Open Future ten a súa sede operativa no centro crowdworking ‘O Gaiás’, na Cidade da Cultura de Santiago de Compostela. Un espazo de máis de 400 metros, que entrará en funcionamento despois do verán, aberto á participación de tódolos emprendedores de Galicia. Aquí terán lugar charlas, obradoiros, showrooms, eventos...

Para iso, Telefónica destinará máis de 850.000 € anuais a programas que converterán ‘O Gaiás’ nun dos motores do movemento emprendedor de Galicia. Esta iniciativa local funcionará, ademais, como un centro de traballo onde emprendedores galegos poderán conectar con players de todo o mundo.

O obxectivo é crear proxectos de alto valor que vivan a economía global como un ecosistema natural onde competir cos mellores recursos. Participar en Galicia Open Future é vivir unha experiencia que vai transformarte como emprendedor e vai guiar o destino do teu proxecto empresarial. Inicia agora unha carreira, participa en retos de innovación aberta e descubre os beneficios exclusivos que tes por emprender un proxecto innovador dende Galicia. Participa no reto crowdworking Galicia Open Future.

Tes ata o 15 de xuño para presentar o teu proxecto. A partir desa data e ata o 20 de xullo seleccionaranse os 50 mellores proxectos que entrarán no espazo de crowdworking a partir de setembro. Os proxectos seleccionados entrarán a formar parte do centro crowdworking ‘O Gaiás’. Recibirán axudas exclusivas e participarán nun intenso programa de formación e maduración que fortalecerá o teu proxecto para que sexa máis competitivo e teña máis impacto.

Hai anos que Galicia iniciou un proceso de transformación da súa forza empresarial. Dende entón, redactáronse numerosas leis e puxéronse en marcha programas específicos, que crearon o ambiente propicio para o emprendemento baseado na innovación. O obxectivo agora é impactar no mercado global, que ten no coñecemento e na capacidade de conectar con persoas e empresas de todo o mundo os seus principais valores.

Galicia Open Future é unha iniciativa local que che permitirá conectar o teu proxecto co talento internacional. E aporta a visibilidade que se necesita para que investidores e partners de todo o mundo poidan ter visibilidade do que se propón dende Galicia. Ese é o reto aberto que nos propuxemos. Ti pos a idea e GOP pon á túa disposición ferramentas, plataformas, canles e metodoloxías diferenciais. Grazas á inclusión do hub de Galicia na rede internacional Open Future de Telefónica poderás acceder a áreas exclusivas dentro da plataforma e participar en centros de traballo conectados en rede: crowdworking.

Pero ademais, como proxecto de forte arraigamento local, Galicia Open Future ofrece programas de financiamento e aceleración exclusivos para as propostas que se desenvolvan dentro do territorio galego. E, quizais o máis importante: poderás contribuír co teu talento ao desenvolvemento de solucións que melloren a calidade de vida das persoas do teu contorno. Temos o desafío de ser competitivos na Economía do Coñecemento: desenvolver proxectos de valor que permitan crear emprego e riqueza dende Galicia.

Open Future é un deses proxectos tractores que van impulsar a innovación tecnolóxica en sectores estratéxicos para Galicia. Mediante retos de innovación aberta, Galicia Open Future convocará emprendedores para que dean solución a desafíos concretos da economía local. Certifica os teus avances e fai visible o teu talento aos ollos de investidores de todo o mundo. Rexístrate como usuario ou como empresa, achega a información necesaria e accede a tódalas ferramentas e conexións que incorpora a plataforma. Unha vez crees o teu perfil en Open Future poderás…

  • Recibir o apoio que necesitas nos centros crowdworking e accede ao financiamento e ás axudas necesarias.
  • Constrúir unha startup de verdadeiro impacto coa seguridade de estar a cumprir os pasos necesarios en cada unha das fases de crecemento do teu proxecto.
  • Madurar e acelerar os teus proxectos.
  • Compartir as túas ideas e opinións e actuar nun entorno colaborativo único.
  • Coñecer as demandas do mercado global e as propostas máis disruptivas de emprendedores de todo o mundo.
  • Recibir as claves didácticas e os cursos formativos

É posible que chegues a Open Future coa idea de desenvolver o teu propio proxecto. Ou mesmo que xa creases unha empresa. En ámbolos dous casos, poderás participar nos retos de innovación aberta. E aproveitar tódalas ferramentas e conexións que pomos ao teu alcance para mellorar o impacto do teu proxecto.