AGESTIC

22 medidas para emprendedores dentro do Plan de Xuventude 2014-2016 da Xunta de Galicia

Ademais de estar dotado con 340 millóns de euros de investimentos, contar con máis de 240 medidas e 11 eixos de actuación, o presidente da Xunta avanzou que “os dous mandamentos que resumen este plan son a educación e o emprego” Así mesmo, este plan de xuventude vai da man do Plan de Emprego Xuvenil, dotado de preto de 100 millóns de euros para 2014-2015 e co obxectivo de beneficiar máis de 95.000 mozos.E, nesta liña, inclúe medias específicas destinadas a facilitar a realización de prácticas profesionais en diferentes organismos e departamentos da Administración, mediante a concesión de 320 bolsas.

No eido da creatividade e o espírito emprendedor, o plan recolle 22 medidas, nas que destacan as deducións fiscais: por exemplo, capitalización de empresas, que reducen un 95% a base impoñible do tributo de doazóns e sucesións. É dicir “consolídase unha medida iniciada no ano 2013 e que agora decidimos prolongar para todo o que resta de lexislatura”, explicou Feijóo, logo de precisar que, nos tres anos da estratexia, está previsto que os mozos galegos aforren por este concepto 7,5 millóns.

Os proxectos empresariais no agro contarán, ademais, cunha liña de axudas para facilitar a incorporación dos mozos á titularidade das explotacións agrarias. Axudas que contarán cun orzamento de 24 millóns de euros para favorecer 1.200 novos agricultores e gandeiros. Fonte: Xunta de Galicia Ler máis