AGESTIC

Subvencións para a consolidación e a estruturación de unidades de investigación competitivas nos centros tecnolóxicos consolidados de Galicia

centro tecnológico

A Axencia Galega de Innovación (GAIN) vén de convocar a través do Diario Oficial de Galicia (DOG 25/04/2014) as axudas para a CONSOLIDACIÓN E A ESTRUTURACIÓN DE UNIDADES DE INVESTIGACIÓN COMPETITIVAS NOS CENTROS TECNOLÓXICOS CONSOLIDADOS de Galicia.

O obxectivo desta convocatoria é incentivar a transferencia de resultados da investigación, de coñecemento e das capacidades tecnolóxicas dos centros tecnolóxicos ao mercado e, deste xeito, mellorar a competitividade do noso tecido empresarial.

Considéranse centros tecnolóxicos consolidados aqueles que figuran inscritos ou teñen o recoñecemento de centro tecnolóxico ou centro de apoio á innovación tecnolóxica de ámbito estatal a través do Real decreto 2093/2008, do 19 de decembro, polo que se regulan os centros tecnolóxicos e os centros de apoio á innovación tecnolóxica de ámbito estatal e se crea o rexistro de tales centros. En Galicia contamos con cinco centros tecnolóxicos destas características: AIMEN, ANFACO-CECOPESCA, CTAG, Gradiant e ITG.

A dotación orzamentaria total da convocatoria ascende a 1.872.000 euros e o reparto dos fondos farase en función dunha serie de indicadores obxectivos que valoran a súa perspectiva financeira, de resultados e de igualdade. O prazo de presentación das solicitudes é dun mes, até o 26 de maio de 2014.

As bases completas da convocatoria así como ao formulario de solicitude están dispoñibles a través da sección Axudas 2014 da web de GAIN. Ademais, GAIN facilita un correo electrónico de contacto, cei.infoest@xunta.es, e un teléfono, 981 54 39 86, para atender as consultas arredor desta convocatoria.