Seminario: Xestión dun proxecto de software libre

Data: 19 Xuño 2014 - 20 Xuño 2014
Hora: De 10:00h a 14:00h
Organiza: Amtega
Destinatarios: Directivos, responsables ou técnicos de empresas TIC
Descrición: Este curso permitirá aos asistentes coñecer as ferramentas e as dinámicas da comunidade de desenvolvedores necesarias para xestionar un proxecto en aberto. Dende un punto de vista práctico, revisaranse as ferramentas que se empregan na xestión de proxectos open source e os seus fluxos de traballo nas comunidades arredor dos proxectos.