AGESTIC

Seminario sobre integración de redes inarámicas e cableadas con tecnoloxía CISCO no CNTG

CNTG

Organizado polo Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia (CNTG) da Consellería de Traballo e Benestar o vindeiro xoves día 22 de maio, de 9:30 a 13:30 horas, terá lugar no salón de actos do CNTG un seminario técnico sobre integración de redes inarámicas e cableadas con tecnoloxía CISCO.

O obxectivo deste seminario consiste en explicar e trasladar aos/ás asistentes as características da arquitectura CUWN (Cisco Unified Wireless Network) con puntos de acceso lixeiros e controladores inarámicos e a súa integración coas tecnoloxías máis habituais de rede conmutada: Ethernet eVLAN. A xornada comezará describindo as características básicas dos estándares inarámicos 802.11. A seguir explicaranse os fundamentos da arquitectura baseada en WLC e LWAP con protocolo CAPWAP.

Para rematar a primeira parte do acto falarase da integración desta tecnoloxía en redes conmutadas Ethernet divididas mediante VLAN baixo o estándar 802.1Q. Na segunda parte da conferencia farase unha demostración de implementación dunha solución Cisco con arquitectura de puntos de acceso lixeiros (LWAP) e WLC con autenticación baseada en Active Directory e mediante servizos RADIUS e asignación dinámica de VLAN mediante directivas de autorización.

Esta seminario esta dirixido preferentemente a persoal técnico das áreas de informática, electrónica e telecomunicacións, incluíndose neste perfil a analistas e administradores de sistemas, operadores e administradores de redes, técnicos de operación e mantemento nol ámbito das redes e sistemas e, en xeral, calquera estudante ou profesional da contorna TIC interesado na temática.

O relator da xornada será Manuel Bustabad, colaborador habitual deste centro e formador de programa oficial Cisco Networking Academy dende o ano 2001, programa do que imparte cursos de CCNA Wireless, CCNA Routing & Switching, CCNP e CCNA Security. Posúe, entre outras, as certificacións CCNA Wireless, CCNA, CCNA Security e CCNP. O acceso ao seminario, previa inscrición a realizar en liña a través do portal web do CNTG, é de balde e condicionado ao aforo do local. O acceso ao salón de actos para aquelas persoas NON inscritas estará condicionado á existencia de prazas libres o día de celebración do evento.

Para consultar os contido ou se inscribir na xornada pique na seguinte ligazón

Se está interesado en participar neste seminario e non pode desprazarse a Santiago, pode acudir a súa aula CeMIT máis próxima (http://cemit.xunta.es/) e solicitar a súa participación vía videoconferencia.

O prazo de inscrición estará aberto ata o día 21 de maio.