AGESTIC

Seminario sobre bases de datos NoSQL e MongoDB en Santiago

Que son as bases de datos NoSQL?, son bases de datos relacionais?, cubren as mesmas necesidades que as bases de datos SQL?, que vantaxes ofrecen respecto a parámetros como escalabilidade ou frecuencia de acceso?, que é MongoDB? cal é a súa proxección dende o punto de vista laboral e profesional?

Estas e outras cuestións terán resposta no seminario que organizado por el Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia terá lugar o martes 23 de setembro, de 9:30 a 13:30 horas, no salón de actos do CNTG e que focalizará os seus contidos nas bases de datos NoSQL e en MongoDB, base de datos NoSQL gratuíta, multiplataforma, orientada a documentos e open source. O obxectivo do seminario consiste en dar a coñecer ás/aos asistentes as características técnicas, potencialidade e usos das bbdd NoSQL e, en concreto, MongoDB.

Tamén permitirá ás/aos interesadas/os tomar unha decisión sobre se desexan se inscribir no curso sobre administración e desenvolvemento de bbdd MongoDB (40 prazas e 2 exames de certificación de balde) que manterá aberto o seu prazo de inscrición ata o día 25 de setembro.

O seminario vai dirixido preferentemente a administradoras/es de bbdd, desenvolvedores, administradoras/es de sistemas e, en xeral, persoal técnico das TI con interese na temática. O relator da xornada será Sergio Rodríguez, director de formación da empresa Core Networks (partner oficial de formación MongoDB), enxeñeiro de telecomunicacións e instrutor oficial de Cloudera e de Oracle University. A asistencia ao seminario, previa inscrición a realizar en liña a través do portal web do CNTG, é de balde e condicionado ao aforo do local. O acceso ao salón de actos para aquelas persoas NON inscritas estará condicionado á existencia de prazas libres o día de celebración do evento.

Para máis información ou se inscribir no evento, nesta ligazón. Se está interesada/o en asistir a este seminario e non pode desprazarse a Santiago, pode consultar na rede de aulas CeMIT, http://cemit.xunta.es, cal é a aula CeMIT máis próxima ao seu domicilio na que se vai emitir o evento e solicitar a súa participación por videoconferencia. O prazo de inscrición estará aberto ata o día 22 de setembro.