AGESTIC

Seminario: Optimización e axustes de rendemento en desenvolvementos Java

Organizado polo Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia (CNTG) da Consellería de Traballo e Benestar o martes día 27 de maio, de 9:30 a 13:30 horas, terá lugar no salón de actos do CNTG un seminario técnico sobre optimización de desenvolvementos Java.

A xornada está orientada a trasladar aos/ás asistentes os coñecementos técnicos necesarios para optimizar desenvolvementos Java. O seminario está dirixido preferentemente a analistas-programadores/as, programadores/as e desenvolvedores/as Java e, en xeral, programadores/as e persoal técnico interesados en adquirir e/ou incrementar os seus coñecementos sobre a materia.

O relator da xornada será César Martín, colaborador habitual do CNTG, experto en tecnoloxía Oracle, Java e en ferramentas de desenvolvemento. Con máis de 13 anos impartindo formación oficial de Oracle University, César Martín posúe unha gran experiencia impartindo formación en Java e colabora activamente na preparación de documentación oficial de Oracle University e na creación de novos cursos. Asemade César Martín conta cun amplo currículo no desenvolvemento de aplicacións e consultoría en produtos como Java (Struts, Java Server Faces, Application Development Framework), Oracle Designer, Oracle Forms, Oracle Reports, Oracle Discoverer, Oracle Portal, Oracle Application Server, Oracle WebLogic, Oracle Webcenter, Oracle UCM / Stellent, Oracle Fatwire etc …

O acceso ao seminario, previa inscrición a realizar en liña a través do portal web do CNTG, é de balde e condicionado ao aforo do local.

O acceso ao salón de actos para aquelas persoas NON inscritas estará condicionado á existencia de prazas libres o día de celebración do evento. Para consultar os contidos ou se inscribir na xornada pique na seguinte ligazón: https://cntg.xunta.es/web/cnt/acontecimientos

Se está interesado en participar neste seminario e non pode desprazarse a Santiago, pode acudir a súa aula CeMIT máis próxima (http://cemit.xunta.es/) e solicitar a súa participación vía videoconferencia. O prazo de inscrición estará aberto ata o día 26 de maio.