AGESTIC

PLAN DE APOIO AOS COLECTIVOS DESFAVORECIDOS NO USO DAS TIC

Contratación de dous técnicos para levar a cabo as labores de:
•    Atender e asesorar aos colectivos desfavorecidos de Mulleres, Mozos e Cidadáns do Medio Rural que están alonxados no uso das Tic para a través delas promover a sua inserción laboral e a mellora das súas condicións de vida.
•    Adoptar estratexias de información e difusión sobre as actuais políticas de apoio público.
•    Impulsar o uso das TIC xa que os seus servizos facilitan o proceso de busca de emprego, a creación de empresas e a información cidadá.
•    Difundir información sobre a existencia das Entidades Públicas e Organizacións Privadas que contan con recursos de apoio a estes coletivos e os servizos que ofertan.
•    Promover a utilización de ferramentas telemáticas de apoio para os tres colectivos.
•    Actuar como Asesores que, coñecendo as necesidades existentes, a xeografia e a demografia de Galícia, así como os sectores e as axudas públicas existentes, poidan apoiar a melllora destes colectivos.
•    Realizar entrevistas e visitas a técnicos de Concellos e Deputacions de Galicia para promover o desevenvolvemto de proxectos conxuntos que acheguen as Tic a ises colectivos, a través de xornadas e talleres.
•    Executar un Estudo Diagnose que ao final se eleve a Xunta de Galícia- Conselleria de Economía e Emprego, no que se dea conta dos resultados das actuacións cos tres grupos dos coletivos e se suxiran unha serie de actuacións a executar dende as políticas de insercción.

Todo isto foi subvencionado pola consellería de Economía, Emprego e Industria, mediante a resolución da data 21/12/2017, estando cofinanciada esta subvención polo Fondo Social Europeo e a Iniciativa de Emprego Xuvenil nun 91,89%, a través do programa operativo de emprego xuvenil.