AGESTIC

NOVO PROGRAMA OPERATIVO DE EMPREGO XUVENIL.

Un ano máis a Xunta de Galicia aproba un PLAN DE APOIO AOS COLECTIVOS DESFAVORECIDOS NO USO DAS TIC coa contratación de dous técnicos en AGESTIC para levar a cabo labores de:


•    Asesoramento aos colectivos desfavorecidos de Mulleres, Mozos e Cidadáns do Medio Rural, alonxados no uso das Tic co obxectivo de promover a súa inserción laboral e a mellora das súas condicións de vida.
•    Realizar estratexias de información e difusión sobre as políticas de apoio público.
•    Impulsar o uso das TIC xa que os seus servizos facilitan a busca de emprego, a creación de empresas e a información cidadá.
•    Propagar información sobre a existencia de Entidades Públicas e Organizacións Privadas que contan con recursos de apoio a ditos coletivos e os servizos. 
•    Promover a utilización de ferramentas telemáticas de apoio para os colectivos. 
•    Actuar como Asesores que, coñecendo as necesidades existentes, a xeografia e a demografia de Galicia, así como sectores e axudas públicas existentes, apoien a mellora destes colectivos.
•    Organizar visitas e entrevistas a técnicos de Concellos e Deputacions de Galicia para promover o desevenvolvemto de proxectos conxuntos que acheguen as TIC a través de xornadas e talleres.
•    Executar un Estudo Diagnose que ao final se eleve a Xunta de Galicia- Consellería de Economía e Emprego, no que se comenten os resultados dos tres grupos dos coletivos e se suxiran unha serie de medidas a executar dende as políticas de inserción.

Como resultado da participación neste plan, o ano anterior levouse a cabo diferentes proxectos relacionado co sector rural e as tecnoloxías de comunicación, a maiores de asesoramento en novas tecnoloxías.


Todo isto foi subvencionado pola Consellería de Economía, Emprego e Industria, mediante a resolución da data 01/10/2018, estando cofinanciada esta subvención polo Fondo Social Europeo e a Iniciativa de Emprego Xuvenil nun 91,89%, a través do programa operativo de emprego xuvenil.