AGESTIC

Máis de 200 pemes galegas desenvolven proxectos innovadores no marco do programa Conecta Pemes

A Xunta de Galicia está a desenvolver unha estratexia de innovación aberta que, coa participación dos axentes do Sistema Galego de I+D+i, persegue impulsar a transferencia de resultados ao mercado de cara a incrementar a competitividade do tecido empresarial galego. Así o explicou hoxe o director da Axencia Galega de Innovación, Manuel Varela Rey, quen sinalou que, neste marco, a Consellería de Economía e Industria vén de resolver a segunda convocatoria do Conecta Pemes, permitindo que máis de 200 pequenas e medianas empresas galegas participen en proxectos innovadores que mobilizan máis de 40 millóns de euros na Comunidade...

Fonte: Xunta de Galicia Ler máis