AGESTIC

Programa de promoción da integración laboral das persoas con discapacidade na empresa ordinaria

Obxecto: convocatoria de subvencións para a integración laboral das persoas con discapacidade na empresa ordinaria, a través dos seguintes programas:

- Programa de fomento da contratación das persoas con discapacidade na empresa ordinaria:

  • Subvención pola contratación indefinida.
  • Subvención pola contratación indefinida de traballadores/ as con discapacidade dun enclave laboral.
  • Subvención pola contratación temporal.
  • Subvención pola contratación de persoas con discapacidade no marco de proxectos de emprego con apoio.

- Programa de emprego con apoio, como medida de fomento do emprego de persoas con discapacidade no mercado ordinario de traballo:

  • Subvencións aos promotores de proxectos de emprego con apoio.
  • Subvencións para o fomento de novos proxectos de emprego con apoio.

Beneficiarios:

- Programa de fomento da contratación das persoas con discapacidade na empresa ordinaria: os empregadores e as empresas, calquera que sexa a súa forma xurídica, incluídos autónomos/as, sociedades civís e as comunidades de bens, aínda que carezan de personalidade xurídica, que contraten traballadores e traballadoras con discapacidade para prestaren servizos en centros de traballo situados en Galicia.

- Programa de emprego con apoio: As asociacións, fundacións e outras entidades sen ánimo de lucro que subscriban o correspondente convenio de colaboración coa empresa que vai contratar os traballadores con discapacidade aos cales se lles vai prestar o emprego con apoio.

Prazo xeral de presentación de solicitudes:

- Programa de fomento da contratación das persoas con discapacidade na empresa ordinaria: ata o 30/09/2011

- Programa de emprego con apoio: ata o 31/05/2011

Máis información -pdf-

Fonte: UPD Coordina Local