AGESTIC

Galicia Emprende: Axudas creación de empresas ou investimentos en empresas de novos emprendedores

IGAPE

Ata o próximo 30 de abril está aberto o prazo de presentación de solicitudes para acollerse ás axudas do Programa Galicia Emprende para a creación de empresas ou para a realización de investimentos en empresas novas promovidas por novos emprendedores.

O programa Galicia Emprende está deseñado para apoiar investimentos comprendidos entre 35.000 e 500.000 euros con subvencións a fondo perdido que poden cubrir ata o 50%.

Poden acollerse a este programa os impulsores de novos proxectos empresariais ou os autónomos ou novas empresas con negocios que leven ata 42 meses en funcionamento e que desexen impulsar novos investimentos para ampliar ou desenvolver os seus proxectos.

Ficha resumo

Resolución DOG

Fonte:IGAPE