AGESTIC

Convocatoria de Licitación

ASUNTO: CONTRATACIÓN POR PARTE DA ENTIDADE AGESTIC, POLO PROCEDEMENTO ABERTO DE TRAMITACIÓN ORDINARIA, DUN SERVIZO QUE SE CONCRETARÁ NA REALIZACIÓN DE ACTIVIDADES REFERIDAS A ANÁLISE DA SOSTIBILIDADE DO PROXECTO E AO DESENVOLVEMENTO E TRAMITACIÓN DE ACCIÓNS FORMATIVAS, NO MARCO DO PROXECTO NACCE (EXPTE.0551), APROBADO NA SEGUNDA CONVOCATORIA DO PROGRAMA DE COOPERACIÓN TRANSFRONTERIZA ESPAÑA – PORTUGAL 2007-2013.

A Asociación Gallega de Empresas de Tecnologías de Información y Comunicación (AGESTIC), participa como beneficiario principal no proxecto POCTEP, denominado 0551 NACCE, aprobado o pasado 5 de abril, e que consiste na posta en marcha de accións encamiñadas a potenciar a creación e consolidación de Pemes TIC no territorio de cooperación Galicia-Norte de Portugal.

Así, e seguindo coas actividades do proxecto, e para cumprir coa finalidade do mesmo, é necesario realizar a actividade que consiste na contratación dun servizo que ten por obxecto a realización de actividades referidas á análise da sostibilidade do proxecto e ao desenvolvemento e tutorización de accións formativas.

Os requisitos que deberá comprender este servizo son os establecidos no prego técnico que acompaña a este anuncio de licitación.

Todos os materiais elaborados ao abeiro deste contrato, deberán ir editados nas dúas linguas oficiais do Programa de Cooperación Transfronteriza España-Portugal que son o Castelán e o Portugués.

AGESTIC carece de persoal especializado para a realización das tarefas anteriormente relacionadas, sen que se considere conveniente ampliar a referida dotación de medios persoais. Por este motivo resulta preciso proceder á contratación do servizo a través dunha empresa ou dunha persoa física, que se ocupe da realización destas tarefas. A contratación implicará necesariamente un control e seguimento das actuacións que este servizo leva a cabo na materialización das funcións encomendadas.

O valor estimado do contrato é de sesenta e nove mil setecentos catorce euros con noventa e sete céntimos (69.714,97€) distribuídos da seguinte forma: sesenta e tres mil dezaseis euros con oito céntimos (63.016,08 €) máis seis mil seiscentos noventa e oito euros con oitenta e nove céntimos (6.698,89 €) en concepto de IVE

As solicitudes poderán presentarse nas instalacións de AGESTIC, Asociación Gallega de Empresas de Tecnologías de Información y Comunicación (AGESTIC), C/Rafael de Vega, 16 Entlo. C.P. 27.002. Lugo.Telf. 982 873 903 - Fax: 982 814 297

A data límite de presentación de proposicións será o día 08 de marzo.

O día 13 de marzo, procederase á apertura do sobre número 1 e número 2, nas instalacións de AGESTIC en C/Rafael de Vega, 16 Entlo. C.P. 27002 Lugo. Tel: 982 873 903, as 11:00 horas.

O día 16 procederase a apertura do sobre número 3, nas instalacións de AGESTIC en C/ Rafael de Vega, 16 Entlo. C.P. 27002 Lugo. Tel: 982 873 903, as 11:00 horas.

No caso de variar as datas e o lugar de apertura de sobres, comunicaráselle a cada unha das entidades presentadas.

Descargar pliego administrativo -pdf-

Descargar pliego técnico -pdf-

Lugo, 22 de 02 de 2012.
D. José María López Bourio
Presidente de AGESTIC