AGESTIC

Un concurso de curtas feitas co móbil propón amosar o futuro de Galicia grazas ás TIC

A AMTEGA vén de publicar no blog Axenda Dixital 2020 as bases do concurso Curtas co Móbil da Axenda Dixital de Galicia 2020 dirixido a mozos e mozas matriculadas na ESO ou Bacharelato de Galicia, de entre 14 e 18 anos. É unha das iniciativas do proceso de elaboración da Axenda Dixital de Galicia 2020, a futura estratexia tecnolóxica global da Xunta. Os obxectivos do certame son explorar a creatividade audiovisual dos mozos e mozas a través da gravación de curtametraxes, fomentar o traballo en equipo e o uso da lingua galega, así como sensibilizar sobre a importancia do desenvolvemento tecnolóxico da Comunidade e dar a coñecer a estratexia tecnolóxica global impulsada pola Xunta de Galicia...

Fonte: Código Cero Ler máis