AGESTIC

Axudas para promoción do emprego autónomo de xoves menores de 30 anos

ORDE do 14 de maio de 2014 pola que se establecen as bases reguladoras do Programa para a promoción do emprego autónomo de xoves menores de 30 anos, cofinanciado polo Fondo Social Europeo, e se procede á súa convocatoria para o ano 2014. Esta orde ten por obxecto fixar as bases reguladoras do programa de promoción do emprego autónomo de persoas desempregadas xoves menores de 30 anos e proceder á súa convocatoria para o ano 2014. A finalidade deste programa é promover e axudar a financiar aqueles proxectos empresariais que facilitan a creación do seu propio posto de traballo ás persoas xoves desempregadas que pretendan desenvolver a súa actividade empresarial ou profesional en Galicia como persoas traballadoras autónomas ou por conta propia.

Ler o documento completo