AGESTIC

Axudas do Igape para o apoio financeiro aos investimentos das pequenas e medianas empresas de Galicia financiados con fondos do Instituto de Crédito Oficial (ICO)

Finalidade/Obxectivo: Establecer unha liña de subsidiación ao financiamento obtido polas pequenas e medianas empresas que promovan investimentos na Comunidade Autónoma de Galicia ou no estranxeiro, mediante algunha das liñas ICO 2010 do Instituto de Crédito Oficial (ICO).

Tipo de apoio: Subsidiación ó tipo de xuro das operación de préstamos, se é o caso, na subvención do custe da comisión do avla financiero prestado por unha SGR. Réxime de concorrencia non competitiva.

Beneficiarios potenciais: Autónomos, microempresas ou pequenas ou medianas empresas (Pemes) segundo a definición establecida pola Comisión Europea no Anexo I do Regulamento (CE) nº 800/2008 que formalizasen operacións de préstamo con cargo a algunha das liñas do Instituto de Crédito Oficial (ICO) por un importe superior a 25.000 € e cumpran coas condicións específicas establecidas nestas bases.

Os beneficiarios terán que estar ao corrente das súas obrigas coa Facenda Pública, coa Seguridade Social e coa Comunidade Autónoma de Galicia, e non ser considerados empresas en crise no sentido das directrices comunitarias sobre axudas estatais de salvamento e reestructuración de empresas en crise (D.O. C244 do 1.10.2004), e cumprir as condicións específicas para cada liña establecidas no artigo terceiro destas bases.

Sectores incentivables:

- Liña ICO-ECONOMÍA SOSTIBLE: Actividades do Anexo I.
- Liña ICO-INVESTIMENTO: Actividades do Anexo I.
- Liña INTERNACIONAL: Todas agás as excluídas pola Comisión Europea.
- Liña EMPRENDEDORES: Todas agás as excluídas pola Comisión Europea.

Prazo de presentación de solicitudes: rematará o 21 de xaneiro do 2011.O prazo de presentación no Igape, por parte das entidades financeiras, rematará o 21 de febreiro de 2011

Maís información sobre: cada liña, importe mínimo de financiamento, a porcentaxe de financiamento, investimentos e/ou gastos computables, contía das axudas, incompatibilidades, referencia lexislativa, tramitación, etc en: IGAPE